InicioVigo e contornaVigoReeditado o pacto de goberno BNG e PSOE en Ponteareas

Reeditado o pacto de goberno BNG e PSOE en Ponteareas

Nacionalistas e socialistas suman 12 concelleiros, fronte aos 5 do PP e os 4 de ACIP. De feito, o BNG logrou aumentar a súa representación na Corporación ponteareá, pasando de 7 a 9 concelleiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

PSOE e BNG asinaron este venres o acordo que reedita o goberno de coalición en Ponteareas (Pontevedra), onde o nacionalista Xosé Represas volverá ser rexedor. Ambas as formacións confirmaron este pacto, a través dun comunicado no que expresaron a súa satisfacción cun acordo que “dá resposta ao mandato da cidadanía e servirá para afrontar con éxito os retos de Ponteareas ata 2023”.

Nacionalistas e socialistas suman 12 concelleiros (un máis que a maioría absoluta), fronte aos 5 do PP e os 4 de ACIP. De feito, o BNG logrou aumentar a súa representación na Corporación ponteareá, pasando de 7 a 9 concelleiros.

Tanto Represas como a portavoz do PSOE, Chus Garrote, proclamaron que “o acordo é bo para Ponteareas, dá estabilidade ao Concello por outros catro anos máis e permite afrontar os retos e demandas sociais de maneira eficaz“.

Este pacto baséase nun programa de goberno que recolle os eixos básicos de actuación para os próximos 4 anos, e establece tamén a asignación de responsabilidades “en proporción á representación” de cada grupo.

Así, o BNG asumirá, ademais da Alcaldía, as áreas de facenda, bo goberno e participación cidadá, medio ambiente, benestar social e igualdade, promoción económica, mobilidade, tráfico e seguridade cidadá, cultura, educación e deporte, medio rural e medio urbano. O PSOE encargarase das áreas de vías, obras e iluminación, formación e emprego, persoal e novas tecnoloxías. En materia de urbanismo, o plan será compartido entre as dúas formacións políticas, mentres que a responsabilidade da xestión será do BNG.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...