InicioSucesosCondutor criminal en Ponteareas: ebrio e drogado, sen carnet nin seguro e...

Condutor criminal en Ponteareas: ebrio e drogado, sen carnet nin seguro e en posesión de armas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou en Ponteareas a un condutor que deu positivo nas probas de alcol e drogas e tamén carecía do permiso de conducir. Os feitos sucederon a pasada fin de semana no transcurso dun dispositivo especial que se estableceu na estrada PO-406 nas inmediacións de Ponteareas, no que participaban efectivos de Seguridade Cidadá e da Agrupación de Tráfico da Garda Civil.

O vehículo foi interceptado á altura do km. 2,100 cando se observou que “circulaba de forma errática, seguindo unha traxectoria oscilante e imprevisible que, en ocasións, invadía o sentido contrario da marcha”.

O condutor, que resultou ser un veciño de Ponteareas de 38 anos, foi investigado penalmente por un delito contra a seguridade viaria dado que arroxou un resultado positivo de alcoholemia, cunhas taxas de 1,02 e 1,05 mg/ l nas dúas probas realizadas, superando o límite o de 0,60 mg/ l, que é a taxa límite que establece o Código penal.

A actitude neglixente deste usuario agravouse especialmente ao comprobar que tamén daba positivo en drogas (cocaína e THC), que non tiña permiso de condución nin seguro obrigatorio e ademais o vehículo tampouco pasara a ITV.

No interior do turismo interviñéronselle varias armas brancas, unha peza dun arma de fogo e varios teléfonos móbiles, cuxa procedencia se está investigando.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...