InicioMovementos SociaisAlumnos de todo Ponteareas non asisten a clase en contra do "boicot"...

Alumnos de todo Ponteareas non asisten a clase en contra do “boicot” á escola rural de San Mateo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Ponteareas amosou publicamente o seu apoio a manifestación convocada este venres pola FANPO en defensa da permanencia da escola unitaria de San Mateo e do ensino público no rural.

A manifestación, encabezada polas nais e pais de San Mateo, conta co apoio de toda a
comunidade educativa e de todos os colectivos sociais, culturais e comunidades de montes,
así como da Fundación Zúñiga e da veciñanza en xeral, que entenden que non se pode retirar das parroquias o servizo básico do dereito ao ensino e así o reiteraron hoxe cuna xornada de “folga”, respaldando a reivindicación coa falta de asistencia aos colexios.

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, esixe á Xunta de Galicia e ao seu presidente
Alberto Núñez Feijoo que cumpran os compromisos trasladados ás nais e pais de San Mateo, que conseguiron a cantidade de matrículas que se lles pediran nos distintos despachos para manter a súa escola aberta.

O goberno de Ponteareas insiste en que non se produxo ningún malentendido e que en todo momento dende os distintos departamentos da Consellería cos que se reuniron lles
trasladaron que se a día de comezo do curso había o número de matrícula requerido a escola seguiría ofrecendo o seu servizo de educación infantil.

O Alcalde de Ponteareas reitera o seu apoio á permanencia da escola unitaria de San Mateo e porá todas as ferramentas e medidas precisas para garantir un servizo de calidade como o que xa se estaba ofertando, ou mesmo implementando novos servizos que a fagan máis atractiva para as familias en favor da conciliación laboral e familiar.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...