InicioPolíticaPonteareas liquida duas sentenzas de intereses de demora por importe de 365.000...

Ponteareas liquida duas sentenzas de intereses de demora por importe de 365.000 euros

Dende o 2015 o concello aboou un total de 9,5 millóns euros de débedas de gobernos anteriores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concelleiro de Facenda de Ponteareas, Francisco Alonso, ven de dar conta do pago
de dúas sentenzas xudiciais do ano 2014, dictadas polo Contencioso-Administrativo
n.º2 de Pontevedra por intereses de demora que sumaron un total de 365.869,79
euros. 

Alonso destaca que con este pago, o Concello de Ponteareas aboou dende 2015 un
total de 9,5 millóns de euros de débedas atrasadas que foran impagadas polos
distintos gobernos do Partido Popular: esta cifra supón un total de 4.135 euros por
habitante destinados ao pago de multitude de débedas atrasadas, diñeiro que non
puidemos destinar a investimento en obras e servizos básicos para a cidadanía”.

O concelleiro engade que as dúas sentenzas, por mala xestión do PP, foron dictadas a
favor da empresa que ten o contrato de limpeza viaria e recollida do lixo dende 2007,
FCC, por incumprimentos nos prazos de pagos deste gasto corrente.

O procedemento de reclamación foi iniciado pola empresa pola demora do goberno de González Solla á hora de atender unha serie de facturas do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria.

Como o goberno local non atendeu as reclamacións previas, FCC interpuxo
recursos contenciosos administrativos contra o Concello de Ponteareas. Estes
recursos deron lugar a dúas sentenzas favorables.

Esta sentenza puido cumprirse neste momento, sen agardar pola aprobación
dos orzamentos para 2018 por contar nos orzamento prorrogados cunha
partida económica destinada ao pago de sentenzas xudiciais que xa fora
utilizada en 2016 e 2017 para o pago doutras sentenzas por débedas
impagadas.

“Estamos recuperando a confianza dos particulares e proveedores no Concello pois
con antecedentes coma este a confianza estaba completamente rota, ademais a
cidadanía perdeu este diñeiro, é decir, os incumprimentos dos pagos polos anteriores gobernos non nos saíu gratis, mais ben todo o contrario”, declarou o concelleiro de
Facenda.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...