InicioSociedadeAcusan a Xunta de mentir ás familias para pechar a toda costa...

Acusan a Xunta de mentir ás familias para pechar a toda costa a escola rural de San Mateo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As familias da Escola unitaria San Mateo, en Ponteareas, viron no medio do verán como desaparecía oficialmente a escola das súas fillas e fillos; desapareceu no DOG porque tiña pouco alumnado, “porque non é rendible mantela aberta, porque á Xunta de Galiza non lle interesa nin a educación de calidade, nin a mellora do rural galego, nin a defensa de modelos educativos de atención dedicada”, veñen de denunciar desde a Conferencia de Anpas Galegas.

“Como as familias non ficaron caladas, como protestaron e se moveron, e atoparon apoios e defensa, ao final os voceiros da Xunta abríronlles unha porta de esperanza, conseguir seis alumnos e ter de novo a Escola”, subliñan.

Aseguran que “iso foi o que lles dixeron o 27 de agosto, logo de que tiveran que forzar unha xuntanza ás portas de San Caetano, e dito polo propio Secretario Xeral da Consellaría de Educación, quen marcou as regras do xogo”.

E as familias cumpriron, agora mesmo hai 6 crianzas matriculadas nesa Escola que xa non existe, e cando as familias reclamamos o cumprimento do acordado, a Xunta vólvese atrás, “entendestes mal, esas seis crianzas tiñan que estar no mes de marzo”, lamentan.

San Mateo, escola no rural/ Concello de Ponteareas

“Foi iso o que se lles dixo ás familias diante de moitas testemuñas, foi iso o que as familias conseguiron, e é iso o que as familias esixen: que se abra de novo a súa Escola, a Escola onde queren educar aos seus fillos e fillas, e tamén a Escola que dá vida a unha zona, e o lugar onde se practica un modelo de Ensino que tería que xeneralizarse no canto de facelo desaparecer”, denuncian enerxicamente.

A Confederación de Anpas Galegas teno claro: “A Consellería de Educación o único que quere é minorar o gasto educativo, diminuír o número de unidades “de baixo rendemento económico”, para maximizar o uso das aulas ata telas todas cheas ata o máximo de alumnado posíbel; aínda que ese alumnado teña que pasar horas e horas desprazándose en autobús; aínda que esa unificación provoque a desaparición de aldeas e pobos enteiros, porque un pobo sen escola non pode sobrevivir”.

Dende a Confederación esixen que non se peche a Escola Unitaria San Mateo de Ponteareas, “porque ten alumnado de abondo para non se pechar, porque é necesaria para vertebrar a zona na que se encontra, porque representa un formato educativo que reivindicamos como positivo e axeitado ao noso País; e porque, como nós dixemos sempre, tamén di para a galería o señor conselleiro: a educación non é un gasto, é unha inversión”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...