InicioSociedadePresentan iniciativas nas Neves para evitar incendios e frear o abandono...

Presentan iniciativas nas Neves para evitar incendios e frear o abandono do rural

'Cultivo sustentable de froitos do bosque' pretende formar aos veciños en novas técnicas agrarias que potencien o rendemento económico das súas terras e axuden a frear o abandono das zonas rurais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga) e a Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), en colaboración coa Deputación de Pontevedra, visitaron este venres o concello das Neves (Pontevedra) para presentar dous proxectos para evitar os incendios e o abandono do rural en Galicia denominados ‘Prevención e control da acacia dealbata L’ e ‘Cultivo sustentable de froitos do bosque’.

Diego Barral, técnico de Fegama, en declaracións a Europa Press sinalou a importancia de concienciar á poboación con estas campañas informativas, xa que “Pontevedra é unha provincia especialmente afectada” por ambas as problemáticas.

O proxecto ‘Prevención e control da acacia dealbata L’  vai enfocado a frear a evolución desta especie invasora e “perigosa para a flora autóctona”, comentou o técnico, que, ademais, xoga un papel “relevante” na propagación de incendios forestais.

Con relación a esta medida, Barral lembrou que “cada un pode facer na súa leira algo para que esta especie australiana non se expanda”, esta posibilidade é a que motivou a ambas as asociacións a promover esta clase de iniciativas.

Pola súa banda, ‘Cultivo sustentable de froitos do bosque’ pretende formar aos veciños en novas técnicas agrarias que potencien o rendemento económico das súas terras e axuden a frear o abandono das zonas rurais.

Por parte de Asefoga destacaron a “importancia ambiental” dos froitos do bosque na recuperación de terreos abandonados e definen esta campaña como unha “oportunidade para emprendedores cun carácter innovador”.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...