InicioAprobada a contrución dunha gran liña de alta tensión no sur da...

Aprobada a contrución dunha gran liña de alta tensión no sur da provincia

O Goberno escolle Galicia para implantar a infraestrutura de unión eléctrica con Portugal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A interconexión eléctrica España-Portugal Norte recibiu o visto e prace á declaración de impacto ambiental favorable (DIA) por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, un trámite imprescindible para a autorización definitiva deste proxecto prioritario para a Unión Europea e vinculante para Red Eléctrica de España (REE), informou o operador da rede eléctrica.

Esta nova infraestrutura, que aumentará a capacidade de intercambio de electricidade entre ambos os países, foi incluída na Planificación da Rede de Transporte de Electricidade 2021-2026, recentemente aprobada polo Goberno de España, e declarada como Proxecto de Interese Común (PIC) pola Unión Europa, por considerala imprescindible para incrementar a conectividade e avanzar no cambio de modelo enerxético en Europa.

Así e de forma consensuada tamén cos responsables do proxecto en Portugal (REN), estableceuse o punto de conexión transfronteirizo entre os municipios de Arbo e Monçäo. Desta maneira, a nova ligazón conectará os sistemas eléctricos de España e Portugal a través das provincias de Ourense e Pontevedra en España e o distrito de Viana do Castelo en Portugal.

O proxecto contempla a construción no lado galego das subestacións de Beariz 400 kV e Fontefría 400/220 kV, e dúas novas liñas a 400 kV, unha de conexión entre as dúas subestacións de 30 quilómetros de lonxitude, e a liña de interconexión entre Fontefría e a fronteira con Portugal de 21,7 quilómetros.

O proxecto, cun investimento de 55 millóns de euros, reforzará a fiabilidade e garantía de subministración en ambos os lados da fronteira,incrementando a capacidade de intercambio nuns 1.000 megawatts (MW), ata alcanzar un total de 4.200 MW de España a Portugal e de 3.500 MW de Portugal a España.

Ademais, a instalación xerará uns aforros anuais estimados de 22 millóns de euros ao sistema eléctrico e unha redución das emisións de CO2 de 150 kilotoneladas ao ano. Así mesmo, aumentará o uso e integración de enerxías renovables (239 GWh/ano) no territorio, favorecendo o seu crecemento económico e sustentable, e contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) e aos compromisos adquiridos coa Unión Europea. Queda por ver, por outro lado, cal é a afectación sobre os territorios escollidos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...