InicioSociedadeArbo organiza unha xura da bandeira para amosar a "defensa de España...

Arbo organiza unha xura da bandeira para amosar a “defensa de España e o seu apoio ás Forzas Armadas”

Tiveron lugar desfiles militares nun acto no que houbo unha homenaxe aos caídos “cunha emotiva ofrenda dunha coroa de loureiro adornada coas cores da insignia nacional”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Arbo celebrou este pasado domingo un acto de exhaltación da patria española na que participaron representantes dos tres exércitos do estado, así como representantes da Garda Civil, Policía, así como destacados dirixentes do PP da comarca, ademais do alcalde deste concello, Horacio Gil. Un evento que ten lugar en plena crise pola situación que se vive en Cataluña.

O acto tivo lugar no campo de futbol municipal con máis de 170 civís que xuraron bandeira e preto de 1.000 persoas como asistentes, segundo o concello. Entre eles estaban a Subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, o Subdelegado de Defensa de Pontevedra, o Coronel Ángel de Miguel Campos, os alcaldes de Arbo e Crecente, o Rexemento de Infantaría Isabel a Católica nº 29, a Compañía de Honras, Guións e Bandeirolas e a “Banda de Guerra” da BRILAT “Galicia VII”, ademais doutro persoal militar.

Tanto o Ministerio de Defensa, como a BRILAT, participaron activamente deste acto, logo da suspensión dun acto organizado pola Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios, cuxa delegación provincial en Vigo quixo promover as IV Manobras simuladas Millán Astray no municipio pontevedrés de Barro. Un evento que contaba, en principio, co apoio tamén da BRILAT e do Ministerio de Defensa e que provocou unha polémica na Deputación de Pontevedra tras financiar os cartaces.

“DEFENSA DE ESPAÑA”

Precisamente, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifestou o seu agradecemento á BRILAT, polo seu compromiso e implicación na organización desta xornada e ao Ministerio de Defensa por prestar a súa conformidade para que este acto se realizara en Arbo. “Fundamental para dar a coñecer á sociedade a importancia e utilidade da cultura de seguridade e defensa, así como para transmitir á cidadanía os profundos valores das Forzas Armadas”, suliñou.

Fotografía das persoas que participaron no acto de xura da Bandeira española en Arbo / Concello de Arbo
Persoas que participaron no acto de xura da Bandeira española en Arbo / Concello de Arbo

Máis de 170 civís participaron no acto do bico da Bandeira española. “Púxose de manifesto un paso máis na responsabilidade solidaria de todos os xurandos coa Defensa de España e o seu apoio ás Forzas Armadas”, destacou o Concello de Arbo.

A xornada pechouse cunha homenaxe aos caídos, cunha ofrenda dunha coroa de loureiro adornada coas cores da insignia española, que a Subdelegada do Goberno, Ana Ortiz e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, depositaron no monólito habilitado para o efecto.

ÚLTIMAS

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...

O TSXG tumba a suspensión da licenza do Centro de Asociacionismo de Vigo e a Xunta estuda reclamar os custos ao Concello

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado pola Xunta...

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...