InicioTres accidentes na Cañiza, dous deles no mesmo punto

Tres accidentes na Cañiza, dous deles no mesmo punto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 112 avisou este xoves tres accidentes, ocorridos no municipio da Cañiza, dous deles no mesmo punto.

A primeira intervención produciuse sobre as 16,30 horas, cando o CIAE recibiu un aviso por un accidente ocorrido no quilómetro 271 da A-52. A persoa que alertou a Emerxencias explicou que un coche impactara contra a barreira ‘varanda’.

Pouco despois, o propio condutor implicado no sinistro contactaba con Emerxencias a través do sistema de aviso E-Call do seu vehículo e confirmaba que necesitaba asistencia sanitaria, aínda que podía saír do coche polo seu propio pé.

Neste operativo participaron efectivos de Urxencias Sanitarias-061, da Policía Local da Cañiza, e persoal de mantemento da vía.

Dez minutos máis tarde, chegou ao 112 outro aviso por accidente no mesmo punto da autovía, nesa ocasión con varios vehículos implicados. O CIAE mobilizou ao 061, a Garda Civil de Tráfico e servizo de mantemento da autovía.

Finalmente, o 112 informou doutro accidente, tamén á primeira hora da tarde, na aldea de Randufe, igualmente no concello da Cañiza. Neste caso tratouse dunha saída de vía, no lugar das Achas, e o vehículo sinistrado quedou suspendido nun desnivel.

A propia condutora contactou con Emerxencias e explicou que, aínda que podía saír do coche, prefería non facelo ante o risco de desestabilizalo. Á chegada do servizo de rescate, a muller puido saír do vehículo polos seus propios medios.

Neste accidente mobilizouse ao 061, Garda Civil de Tráfico, o GES de Ponteareas (que non chegou a intervir) e a Policía Local da Cañiza.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...