InicioSucesosPechado un dos carrís da A-52 dirección Vigo tras envorcar un camión...

Pechado un dos carrís da A-52 dirección Vigo tras envorcar un camión que transportaba polietileno

Na retirada do remolque produciuse unha fuga de gasolina.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia continúan traballando para tratar de restablecer as condicións óptimas de circulación na A-52 á altura da Cañiza despois de que un camión que transportaba polietileno envorcase na tarde deste martes e comezase a arder.

Foi pasadas as 03,00 horas da madrugada deste mércores cando a Garda Civil de Tráfico confirmou que acababa de abrirse á circulación o carril esquerdo en sentido Vigo, aínda que o dereito segue pechado.

En concreto, o suceso ocorreu sobre as 14,30 horas no quilómetro 269 da A-52, ao seu paso por Oroso. A última hora deste martes conseguiuse retirar o remolque do vehículo mediante o uso dun guindastre. No proceso, produciuse unha vertedura de combustible controlado, polo que esta mañá os operarios de mantemento da estrada desprazáronse ao momento para limpalo.

Pola súa banda, o condutor do vehículo puido saír do camión polo seu propio pé, aínda que recibiu axuda por parte da Policía Local. Foi atendido polos servizos sanitarios, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do accidente.

Como medida preventiva fixouse un perímetro de seguridade de 250 metros. Así, os vehículos poden circular pola autovía en dirección Ourense.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...