InicioMedio Ambiente e PatrimonioContinúan activos os lumes da Arbo, A Cañiza e Ponteareas

Continúan activos os lumes da Arbo, A Cañiza e Ponteareas

O de Arbo xa leva queimadas case 700 hectáreas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio forestal que continúa activo e leva arrasadas 400 hectáreas no municipio de Arbo  non rexistrou variacións nas últimas horas no que respecta á superficie afectada e segue desactivada a alarma preventiva pola proximidade das chamas ás vivendas do núcleo das Searas.

Así consta no último parte da Consellería do Medio Rural emitido este martes, con datos ata as 13,30 horas, que reflicte que aínda hai catro incendios non extinguidos cun balance de 645 hectáreas calcinadas.

O máis grande é o de Arbo, que segue activo na parroquia de Mourentán con 400 hectáreas queimadas. Para combater este lume traballaron nove técnicos, 29 axentes, 82 brigadas, 53 motobombas, cinco pas, dúas unidades técnicas de apoio, 12 avións e 10 helicópteros.

Tamén se desprazou ata Arbo, para axudar na extinción do lume de Mourentán, que se iniciou ás 3,17 horas da madrugada do sábado, a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

OUTROS INCENDIOS CONTROLADOS

Baixo control segue, pola súa banda, o incendio forestal rexistrado na parroquia de Barral, en Castrelo de Miño, tras queimar 200 hectáreas, segundo as medicións provisionais.

Tamén permanece controlado o lume rexistrado na parroquia de Oroso, na Cañiza, tras queimar unha superficie provisional de 25 hectáreas. E baixo control, igualmente, segue o incendio forestal de Padróns, en Ponteareas, que arrasou 20 hectáreas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...