InicioMedio Ambiente e PatrimonioQueda deserta a licitación da nova depuradora de Ponteareas

Queda deserta a licitación da nova depuradora de Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aguas de las Cuencas de España (Acuaes) declarou deserta a licitación das obras de mellora da depuradora da Moscadeira, no municipio pontevedrés de Ponteareas, ao non presentarse ningunha oferta.

O contrato de licitación era de 5,8 millóns de euros (sen IVE incluído), cun prazo de execución de 30 meses. O prazo para a presentación de ofertas finalizou o 27 de maio. Nun comunicado, o Grupo Municipal do PP lamenta que “a nova depuradora, tan necesaria para finalizar o saneamento e abastecemento de Ponteareas, sufra un novo pau ao quedar deserta a súa licitación.

Non sabemos se se debe a un problema no proxecto ou un erro no cálculo de investimento e orzamento, o certo é que, polo momento, ningunha empresa considera interesante e rendible facer esta infraestrutura. Sospeitamos e así o denunciamos no seu momento que o importe destinado polo Goberno central a esta obra era insuficiente, seguramente este sexa o principal motivo polo que ninguén ofertou” sosteñen os populares.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...