InicioMedio Ambiente e PatrimonioArbo estrea sendeiro paisaxístico e etnográfico no río Deva

Arbo estrea sendeiro paisaxístico e etnográfico no río Deva

Unha pasarela de madeira e escaleiras, un panel interpretativo con toda a información sobre o carreiro... son algunhas das novidades que ofrece o concello para gozar dunha boas vistas do Río Deva e a súa desembocadura no Miño.

PUBLICADO O

O Concello de Arbo xa pode desfrutar do carreiro entre o Río Deva e a Praia de San Xoán logo de finalizas as obras de acondicionamento e mellora realizadas pola Consellería de Medio Ambiente.

Os traballos, que contaron cun orzamento que roldou os 24.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública deste carreiro co fin de garantir unha interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular, aqueles relacionados cos hábitats e coas especies de intereses comunitario prioritario, como a Alnus glutinosa ou a Fraxinus excelsior.

O carreiro percorre a zona de servidume da marxe dereita do río Deva, desde a praia
fluival de San Xoán ata o viaduto do ferrocarril situado no barrio da Almuiña. Este paseo únese no lugar da Almuña co “sendeiro Rio Miño-Rio Deva”, que parte desde o lugar da Estación, onde hai un mirador situado no alto dende o que podemos descubrir unhas boas vistas da paisaxe galega: a desenbocadura do Deva no Miño, as pesqueiras, a Ponte Internacional, a praia fluvial da Estación e o noso país veciño Portugal. Ten unha lonxitude de 550 metros, unha dificultade fácil e un interese etnográfico, paisaxístico, botánico e faunístico.

Segundo declaracións do alcalde Horacio Gil, “as actuacións consistiron na roza manual do trazado, mellora da caixa do camiño, instalación dunha pasarela de madeira e de escaleiras,
a construción dun muro de mampostería para estabilizar o camiño e a instalación dun panel interpretativo con toda a información relativa ao sendeiro”. O rexedor tamén manifesta que estas actuacións están a atraer cada día máis turistas á zona de Arbo para coñecer todos os encantos do lugar.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...