InicioSucesosCachan en pleno furto na Cañiza aos "ladróns do cobre": levaban 140...

Cachan en pleno furto na Cañiza aos “ladróns do cobre”: levaban 140 metros nun coche roubado

PUBLICADO O

A Garda Civil sorprendeu “in fraganti” a dous veciños da Cañiza cargando cable de cobre roubado nun coche que subtraeran en Ourense. Detívose a un deles, unha moza de 27 anos, e o seu compañeiro, que xa está identificado, conseguiu darse á fuga de forma violenta logo de golpear a un axente.

Os feitos ocorreron esta semana no municipio da Cañiza, no marco dun dispositivo especial que estaba levando a cabo o Posto da Garda Civil con motivo dos recentes roubos de fío de cobre que se denunciaron en distintas parroquias do concello.

As investigacións iniciáronse o pasado mes de abril cando unha patrulla do Posto da Garda Civil de O Covelo identificou a tres persoas que se atopaban na parroquia de Valeixa (A Cañiza), sospeitosas de estar queimando cable nas proximidades do barrio de Barreiro.

A raíz destas identificacións activáronse as pescudas e os dispositivos de vixilancia e control da zona, que concluíron o pasado día 18 cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto da Cañiza sorprendeu ás tres da madrugada a unha parella cargando fío de cobre no interior dun vehículo que estaba estacionado na calzada, no Km. 1,900 da estrada EP-503, á altura da parroquia de Valeixa (A Cañiza).

No momento de proceder ás detencións destas persoas, o varón conseguiu darse á fuga, logo de golpear a un dos axentes, que resultou con lesións de carácter leve. A súa compañeira, M.F.G., de 27 anos, foi detida e trasladada ás dependencias da Garda Civil na Cañiza, onde se lle instruíron as correspondentes dilixencias das que, xunto co seu compañeiro, resultou implicada na comisión doutros tres roubos de fío de cobre que se cometeron na mesma zona en datas anteriores.

No interior do vehículo, que figuraba subtraído e denunciado na Comisaría da Policía Nacional de Ourense, recuperáronse 140 metros de cable de cobre, cortado e preparado para a súa venda. A investigación continúa aberta para a localización e detención do varón, xa identificado, que se deu á fuga.

ÚLTIMAS

A CIG chama ás mulleres da área de Vigo a “tomar as rúas” ao berro de ‘Stop precariedade. Traballo digno e igualdade’

A CIG presentou este luns en Vigo as mobilizacións convocadas en diferentes localidades da comarca con...

(Vídeo) Dioivo rompe o escenario no seu novo videoclip: o metal galego en todo o seu esplendor

O dúo vigués de metal en galego Dioivo acaba de lanzar un novo videoclip para o seu...

‘A Homenaxe’ achegará a música do gaiteiro Julio Vázquez Carril e o baile tradicional de Oliva López López a Vigo

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo sábado 23 de marzo,...

A Xunta pide ao Concello de Vigo “axilizar ao máximo” o seu informe sobre a PXOM

A Xunta de Galicia pediu ao Concello de Vigo que "emende os erros detectados"...