InicioCulturaEn que se converteu o edificio da temible PIDE, a policía política...

En que se converteu o edificio da temible PIDE, a policía política de Salazar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un antigo edificio da PIDE, a Policía política do réxime de Salazar en Portugal, é xa, desde hai uns meses, a sede da eurocidade de Monção e Salvaterra do Miño, para potenciar as relacións entre as dúas localidades fronteirizas.

Símbolo de opressão e repressão durante o Estado Novo, o imóvel onde funcionaram serviços da Polícia Internacional e de Defesa do Estado (PIDE) e que também já foi café assumir-se-á, a partir de agora, como ponto de partida para o reforço de atividades conjuntas entre as duas localidades vizinhas, unidas pelo rio Minho”, asegura o Goberno portugués nun comunicado. O edificio que agora é a sede da eurocidade luso-galaica foi reabilitado en 2012 no ámbito da terceira fase da ecopista do río Miño e foi inaugurado este 1º de maio.

Nesta mesma liña, a Cámara municipal de Monção, tamén cre que esta sede supón “umha etapa no proceso de geminação das dúas localidades vecinhas”. Este proceso de unión comezou en 2015, logo da conmemoración dos 20 anos da ponte internacional que une aos dous municipios transfronteirizos, coa sinatura dun protocolo que formalizou a creación da terceira eurocidade entre o Norte de Portugal e de Galicia.

PONTE INTERNACIONAL

Precisamente, aquela ponte sobre o río Miño foi foi inaugurada o día 29 de marzo de 1995 para potenciar as relacións culturais, sociais, deportivas e o intercambio económico entre as dúas localidades veciñas. Por iso, entre os obxectivos desta nova eurocidade estará o de potenciar a enoloxia e a gastronomia locais, e promover o desenvolvemento do turismo, a través da creación de rutas turísticas conxuntas, como as rutas fluviais, a ecopista Salvaterra/Monção/Valença e fomentar intercambios culturais e deportivos.

A nova eurocidade privilexia tamén o empreendedorismo transfronteirizo, o intercambio deportivo, cultural e educativo,así como partillar equipamentos colectivos, como piscina, biblioteca e museos. Outra das finalidades do acordo prevé a formalización de “candidaturas conxuntas a programas comunitarios de apoio para zonas de fronteira, garantindo proxectos comúns dirixidos para a melloría da calidade de vida das persoas desta rexión transfronteiriza”.

Trátase da segunda eurocidade entre municipios do distrito de Viana do Castelo e de Galicia, despois de Valença e Tui, e a terceira entre o Norte de Portugal e Galicia, tras Chaves e Verin. Alén da sede da eurocidade tamén se restaurará un antigo edificio da Garda Fiscal que servirá de sede da Asociación Transfronteiriza de Educación Ambiental (ATEARAIA).

ÚLTIMAS

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...

Escotet alerta sobre o impacto da guerra de Oriente Medio na economía galega

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reiterou o compromiso da entidade co tecido...