InicioSucesosA triste realidade de Paramos tres meses despois

A triste realidade de Paramos tres meses despois

PUBLICADO O

- Advertisement -

Paramos non recupera a súa vida anterior á explosión. A pesar de todo o ruído xerado tras o fatídico accidente e tódalas promesas políticas, os afectados seguen a padecer, cada vez máis en silencio, as consecuencias dunha explosión da que non teñen culpa.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

María del Carmen é unha destas persoas. Esta muller de 58 anos está vivindo de aluguer e quere recuperar os recordos perdidos na súa casa, esnaquizada desde a traxedia.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

Cando aconteceu todo, estaba ela coa súa nai no comedor, a súa filla na habitación, a nena pequena, de 6 anos, no salón. Foi un milagre que sobreviviran todas, recorda.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

Agora ela, que non pode regresar á súa casa, é a única que percibe un aluguer. Vivían todas xuntas, agora vense forzadas a facer vida por separado. 

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

Como dixemos, só ela, como propietaria da casa destruída, ten dereito a un aluguer. As outras tres pagan mes a mes. “E todas as familias igual”, selou.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

E iso que se trataba dunha primeira vivenda. Ao final, que conservarían as condicións de vida foi una mentira para case todos.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

E agora, con medo a que caia todo abaixo, tenta recoller os seus recordos, anaquiños da súa vida.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

O desentullo da zona vai pouco a pouco, e os afectados que perciban as axudas corren o risco de perder complementos da súa pensión, ao ser consideradas un “ingreso económico” por Facenda.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

O futuro semella incerto.

A situación en Paramos/ Miguel Núñez

 

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

A UVigo e Veolia crean a Cátedra Convive para impulsar a contratación pública responsable

A Universidade de Vigo (UVigo) e a multinacional de servizos ambientais Veolia crearon a...