InicioCulturaCultura destaca o perfil internacional do Play-Doc, que arrancou coa curta 'Sycorax'

Cultura destaca o perfil internacional do Play-Doc, que arrancou coa curta ‘Sycorax’

O festival ofrece este ano unha ampla selección de producións galegas, con 14 títulos de cineastas xa consagrados e de autores novos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacou o perfil internacional e a capacidade de crecemento do festival Play-Doc de Tui, que arrincou este mércores no Teatro Municipal coa música de NACHO·FAIA·LAR e coa proxección da curtametraxe ‘Sycorax’, de Lois Patiño e Marcos Piñeiro.

Na súa intervención no acto de inauguración, o conselleiro puxo en valor a capacidade de Play-Doc de achegar ao público as principais novidades do xénero documental no ámbito internacional, ademais do seu compromiso de promoción e divulgación do sector audiovisual galego.

Por outra banda, tamén destacou que Play-Doc conseguiu crecer cada ano, sendo unha “plataforma útil para o encontro profesional”, e lembrouse tamén que o festival é un dos 11 eventos adxudicatorios de subvencións da Xunta para certames audiovisuais, cunha axuda de 38.500 euros.

Román Rodríguez aproveitou a súa participación no acto deste mércores para expresar o seu “recoñecemento” ao traballo de todo o sector audiovisual de Galicia, especialmente polo “valor engadido estratéxico” dos festivais. “Este tipo de citas xogan un papel necesario e esencial de difusión e dinamización cultural, ademais de turística”, recalcou.

Play-Doc, organizado pola Asociación Cultural Enfoques, ofrece este ano unha ampla selección de producións galegas, con 14 títulos de cineastas con traxectoria e novos. Entre elas, proxectaranse ‘El sembrador de estrellas’ de Lois Patiño, ‘Tatuado nos ollos levamos o pouso’ de Diana Toucedo, ‘Ningún río me protexe de min’ de Carla Andrade, ‘Welcome to ma maison’ de Andrés Goteira, ou ‘Memoria’ de Nerea Barros.

Tamén poderán verse os traballos máis recentes de Oliver Laxe, Enar de Deus, Simone G. Saibene, Alejandro Rodríguez e Fernando Areal; aos que se suman catro retrospectivas inéditas en España de Helke Misselwitz, Danny Lyon, Richard P. Rogers e o portugués Antonio Campos, esta última en colaboración coa Filmoteca de Galicia e a Cinemateca Portuguesa-Museu do Cinema; e a estrea de ‘The Treasure of his Youth: The Photographs of Paolo di Paolo’ do norteamericano Bruce Weber.

AXUDAS PARA MODERNIZAR INFRAESTRUTURAS CULTURAIS

Por outra banda, a Xunta informou este mércores da concesión de axudas por valor de 1,2 millóns de euros para modernizar 46 teatros, auditorios e salas de toda Galicia, dos 26 son privados e 20 de titularidade pública. É o primeiro paquete de axudas no marco do plan apoio extraordinario, que se completará cunha segunda convocatoria cara a finais de ano.

As entidades beneficiarias son xestoras de espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, en 29 concellos (23 na provincia da Coruña, 6 en Lugo, 2 en Ourense e 15 en Pontevedra). As contías oscilan entre os 16.000 e os 40.100 euros.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...