InicioSociedadeCarreira solidaria e Feira Cabalar nas Festas de San Telmo de Tui

Carreira solidaria e Feira Cabalar nas Festas de San Telmo de Tui

A inscrición para a carreira, que se celebrará o sábado, está aberta ata este mércores. A Feira Cabalar terá lugar domingo e luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deporte está tamén presente nas Festas de San Telmo. Este sábado celebrarase a Carreira Solidaria e o domingo e o luns a Feira Cabalar, dous eventos que foron presentados na mañá deste martes por parte do Concello.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou que a Carreira Popular “sempre tivo altísima participación” e agradeceu ao Club Atletismo Tui “a súa implicación nesta proba e no desenvolvemento da práctica deportiva, en especial do atletismo”.

Tratarase dunha carreira popular con inscrición gratuíta, pero solidaria coa aportación dun quilo de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. Esta proba deportiva celebrarase este sábado a partir das 11 horas con saída dende o Paseo da Corredoira. A inscrición está aberta ata este mércores ás 23.59 h na web clubatletismotui.wordpress.com.

FEIRA CABALAR

Con respecto á Feira Cabalar, que este ano se celebrará ao longo de dúas xornadas, domingo e luns, Enrique Cabaleiro destacou que Tui “ten a peculiaridade de que hai moitísima afección ao mundo dos cabalos, podemos dicir que somos unha potencia nese senso, e iso débese, entre outras cousas, ás e aos profesionais que están traballando día a día”.

Amosou tamén o seu agradecemento á Peña Cabalar Valle do Louro
“pola súa implicación constante no desenvolvemento de actos relacionados co mundo equino” e á Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu que “sempre foron a alma mater de que en San Bartolomeu se puidera desenvolver este evento”. Tamén agradeceu a colaboración e
implicación de Equigalia, e tivo palabras de lembranza para Luís Pimentel, “unha persoa moi implicada no mundo cabalar”.

ÚLTIMAS

Xúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Unha parella será xulgada este mércores, 25 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra,...

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...

A Policía desmantela unha rede de tráfico de drogas en Vigo con 74 quilos incautados

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda,...

Murais para todos os barrios de Vigo

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI...