InicioCoñece as grandes protagonistas da historia de Tui

Coñece as grandes protagonistas da historia de Tui

O Concello de Tui repite o roteiro teatralizado “Camiñando con elas” en Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo roteiro teatralizado “Camiñando con elas” en Tui. Será este domingo, 3 de abril tras a boa acollida e interese rexistrado na primeira ruta realizada o pasado domingo, 20 de marzo.

Da man de María Chamadoira realizarase un percorrido dunha hora polo conxunto histórico, no que se poderá coñecer a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suárez Sarmiento, Evagelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia. O roteiro, que foi ilustrado pola artista Gemma Marqués forma parte do proxecto “A Tui das Mulleres”. As prazas son limitadas e para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

O programa “Dereito a estar, dereito a achegar” organizada polo Concello de Tui continua o xoves coa derradeira charla do ciclo “Xuntas Aprendemos” coa intervención da psicóloga clínica Minerva Ojeda sobre “Mitos do amor romántico”. A cita será ás 18 h na Aula da UNED.

Por outra parte foi suspendida a proxección de “El proxeneta” con Mabel Lozano, prevista para o mércores no Teatro Municipal, por causas alleas á organización, informarase da nova data na que se poderá ver o filme.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...