InicioAprendendo a coñecer o legado sefardita

Aprendendo a coñecer o legado sefardita

O Benjamin de Sefarad ten por obxectivo dar a coñecer entre os máis novos a importante achega do legado material e inmaterial da cultura xudea en España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España. Unha proposta educativa na que colabora o concello de Tui a través da concellería de Ensino e Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.

Nesta edición, o protagonismo recaerá na música como legado inmaterial, clave para a transmisión e conservación da esencia da cultura sefardí. Así, durante o que resta de curso escolar, a Rede de Juderías fornecerá aos colexios que desexen participar na iniciativa unha colección de materiais lectivos gratuítos, como unha master-class virtual sobre música sefardí a cargo da cantante de música antiga, medieval e sefardí Mara Aranda, e o especialista en instrumentos da tradición medieval española Xota Martínez, e un libreto que recolle ligazóns e letras de cancións moi representativas da música sefardí. Os colexios interesados en participar no proxecto poden solicitar información e os materiais remitindo un correo electrónico á dirección descubridores@redjuderias.org

IV Edición Concurso de Microrrelatos

A música é tamén a protagonista da nova convocatoria do Concurso de Microrrelatos, no que poderán participar estudantes cursando 1º e 2º da ESO de calquera dos centros escolares españois. O certame foi convocado o xoves 24 de febreiro nun acto público en Lucena presidido por Juan Pérez, alcalde de Lucena e presidente da Rede de Xudarías de España, e que contou coa participación de Marta Puig, Xerente da Rede.

A temática sobre a que deberán versar os microrrelatos desta edición será a música, e o prazo de participación péchase o 10 de xuño de 2022. Como nas anteriores edicións, os relatos gañadores recibirán como premio cheques de viaxe, e editarase un libro cos 30 relatos mellor valorados polo Xurado. Toda a información sobre o certame e as súas bases poden ser consultadas en www.redjuderias.org

Dende o Concello tudense animan aos centros educativos do noso municipio a participar nesta iniciativa que promove a valorización do legado cultural da presenza xudía na Península Ibérica, contribuíndo desde xeito ao coñecemento e respecto mutuos entre pobos, culturas e tradicións.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...