InicioBaixo MiñoTuiTui vende o “Miño navegable” e as súa herdanza xudaica en Fitur

Tui vende o “Miño navegable” e as súa herdanza xudaica en Fitur

“Rio Miño navegable”, “Descubre as xudarías de Galicia” e “As mulleres no Camiño Portugués”, tres das propostas coas que o Concello de Tuis se presentou en Fitur, suscitaron gran interese no stand de Turismo de Galicia.

PUBLICADO O

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, participou como representante do concello nun total de catro presentacións nas que a o concello tivo especial protagonismo celebradas na Feira Internacional de Turismo – Fitur 2022 que se está a celebrar estes días na capital de España.

Especial interese suscitou a presentación do proxecto “Río Miño, un destino navegable” ao que asistiron os rexedores de Tui, Salvaterra de Miño, Valença e Monçao xunto co Presidente de Turismo Porto e Norte, Luis Pedro Martins, e o Vice-presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. Neste acto foi promocionado este novidoso proxecto de creación dun novo produto turístico que pon en valor o río Miño e a súa dimensión transfronteiriza así como os recursos turísticos dos catro municipios miñoto.

Tui tamén presentou  “Descubriendo las juderías galllegas: Monforte de Lemos, Ribadavia y Tui” na que estaban presentes xunto ao alcalde tudense, a alcaldesa de Ribadavía, Noelia Rodríguez, e a primeira tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, xunto á xerente da Red de Juderias de Galicia – Caminos de Sefarad e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Tamén destacou a presentación do proxecto “Mulleres do Camiño Portugués” organizado polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e que presentou un vídeo promocional sobre esta ruta xacobea e o papel activo que as mulleres teñen na dinamización desta ruta xacobea. Neste caso Tui estivo representado por Silvana Crisostomo, de “Ideas Peregrinas” xunto ao alcalde Enrique Cabaleiro que destacaron a importancia do Camiño Portugués para a nosa cidade que non cesa de recibir peregrinos de múltiples nacionalidades incluso nestes meses de inverno, evidenciando a dinámica de recuperación desta ruta xacobea.

Por último, o concello de Tui, representado polo seu alcalde, participou no stand da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad no acto institucional que contou coa presenza de representantes das 21 cidades, no que se presentaron os proxectos futuros da Red, así como o boceto de “Ciudades de Sefarad”, o libro que Red de Juderías editará en 2022, cun percorrido polas cidades que integran a Asociación. Este ano o stand da Red de Juderias é un tapiz virtual, unha ventá ao patrimonio, cultura e historia das cidades da Red mediante un mapa que recolle a localización das cidades e un código QR para cada unha que da acceso a unha viaxe virtual dun minuto co que os visitantes poderán coñecer o legado xudeu en cada un dos municipios.

O alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, destacou a presenza tudense no principal escaparate do turismo que reflicte o importante traballo que neste sector realiza o municipio tudense.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o “caciquismo” do PP na deputación ao “censurar” a relatoras por “causas políticas”

O pleno de Vigo aprobou este venres, cos votos do PSOE e do BNG, unha...

O PPdeG anuncia a “reconstrución” do partido en Vigo “coas mans libres” dos militantes

A xunta xestora do PP de Vigo, presidida por Ana Ortiz, presentouse este mércores formalmente...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo,...

Capitanía Marítima inspeccionou 723 buques en 2023 e emitiu case 2.000 certificados de navegabilidade

Capitanía Marítima de Vigo inspeccionou o pasado ano un total de 723 buques e...