InicioTui conmemora unha batalla centenaria cun concerto de "estrea mundial"

Tui conmemora unha batalla centenaria cun concerto de “estrea mundial”

Soará un cuarteto de corda na honra da Batalla de Lepanto.

PUBLICADO O

Soa orquestra de corda en Tui para conmemorar unha batalla centenaria. A igrexa de San Domingos da localidade tudense acollerá este xoves, 28 de outubro, ás 20 h o concerto “Oficio de Armas”. O evento, encadrado no festival Vértixe Sonora 2021, forma parte das actividades conmemorativas do 450 aniversario da Batalla de Lepanto organizadas polo Concello de Tui, unha contenda histórica na que Miguel de Cervantes perdeu a mobilidade da man esquerda.

Para o Concello de Tui, o concerto supón unha oportunidade “inmellorable” de dar a coñecer e proxectar de cara ás vindeiras xeracións o retablo de A Nosa Señora do Rosario, unha “magnífica táboa que acolle a igrexa monacal conventual de San Domingos de Tui”.

O concerto, que o consistorio define como “de alta calidade”, contará coa presenza de Vitor Vieira ao violín, acompañado por Ana Carmen Sánchez. Sérgio Sousa encargarse da viola e Hugo Paiva do violoncello. Todo para interpretar obras de Ramón Otero, Djordje Markovic, Miguel Azguime, e Alberto Carretero: unha estrea a nivel mundial de tres obras para cuarteto e trío de cordas. Para acudir ao concerto é preciso reserva previa que se pode conseguir neste enlace.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...