InicioAbren unha oficina na Área Panorámica de Tui para obter a Chave365...

Abren unha oficina na Área Panorámica de Tui para obter a Chave365 e o certificado Covid

O servizo desta oficina estará dispoñible ata o 31 de agosto, data que pode ser prorrogada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui e a xerencia do SERGAS da Área Sanitaria de Vigo colaboraron para abrir unha oficina na planta Baixa da Área Panorámica onde se poderá obter a Chave365 e o certificado COVID. Dende o 12 de agosto será posible obter tanto a chave como o certificado ata o 31 de agosto, data que pode ser prorrogada de ser necesario.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, respondeu favorablmenete á solicitude feita dende a xerencia do SERGAS para poder contar cun local na cidade con esta finalidade. Deste xeito, a poboación de Tui e Tomiño poden achegarse ata a oficina, que estará atendida por unha persoa funcionaria do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O veciños xa non teñen que acudir ao centro de saúde de Tui ou tomiño para realizar os trámites, o que permitirá desconxestionar o servizo nestes centros de saúde.

Nun horario de luns a venres de 8.30h a 12.00h e de 12.30h a 14.30h, os cidadáns poderán obter a Chave365, que permite o acceso ao certificado covid e á aplicación E-Saúde, ou ben adquirir o certificado impreso.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...