InicioTui xa ten acondicionadas as súas praias fluviais para o verán

Tui xa ten acondicionadas as súas praias fluviais para o verán

Por terceiro ano consecutivo balizouse a zona de baño de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo en Caldelas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui vén de rematar o acondicionamento dos espazos de uso público das praias fluviais de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo en Caldelas. Procedeuse á limpeza destes espazos ao balizamento da zona de baño por terceiro ano consecutivo, co que se mellora a seguridade dos bañistas que acoden a estas praias.

Este ano, non contarán con baños públicos ante a dificultade do cumprimento da normativa establecida en materia sanitaria debido á pandemia da COVID 19. Tanto a praia de Areeiros en Guillarei coma a do Penedo en Caldelas conta coa cualificación de Excelente, no control das augas das zonas de baño que realiza la Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...