InicioDeportesTui acolle este sábado o Campionato Galego de Patinaxe

Tui acolle este sábado o Campionato Galego de Patinaxe

O prezo da entrada é de 5 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Campionato Galego de Grupos Show Júnior e Cuartetos, celebrarase este sábado, 16 de febreiro, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Comezará ás 17.30 horas organizado polo CPA Ribex de Tui, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui. Dende as 10.30 ata as 14.00 horas, os clubs participantes realizarán os adestramentos, a razón de 15 minutos por cada club.

A competición iniciarase ás 17.30 horas, coa categoría de cuartetos e ás 18.00 horas coa júnior. O custe da entrada para este campionato será de 5€, sendo gratuíto para os menores de 7 anos. Neste campionato, o CPA Ribex buscará o pase do seu equipo júnior para o Campionato de España, tras acadar xa a clasificación do grupo sénior, despois de obter o subcampionato galego.

 

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...