InicioSociedadeO Miño, o conxunto histórico e o Monte Alba, "trío de ases"...

O Miño, o conxunto histórico e o Monte Alba, “trío de ases” do turismo tudense

O Concello de Tui está facendo esforzos por dinamizar o turismo na vila.

PUBLICADO O

Tui contará no prazo de dous meses e medio cun Plan Director e Estratéxico de Turismo, que marcará un cronograma de actuación para o período 2019-2022. Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Julio Sánchez, da empresa Valora, adxudicataria da redacción do Plan Director, presentaron este luns ao mediodía o incio da redacción deste documento.

O acto contou coa presenza do alumnado do módulo de “Promoción turística local e información ao visitante” do obradoiro “Percorre Tui”. O obxectivo é involucrar ao sector turístico da cidade dende hostalería, restauración, até empresas de turismo activo entre outras.

Catedral de Tui / Miguel Nuñez

Todas elas serán convocadas a unha mesa de traballo que se realizará en menos dun mes, e tamén se levarán a cabo enquisas on-line para ter así unha imaxe tamén da poboación en xeral sobre o turismo en Tui.

Na presentación deste mediodía o alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicou que “entendíamos que era unha tarefa e unha materia pendente deste concello, elaborar un documento, unha folla de ruta, na que traballar sobre un potencial e uns recursos que temos no ámbito do turismo”.

Nese senso aludía ao “trío de ases” do Río Miño, o conxunto histórico, e o Parque Natural do Monte Aloia que ten o municipio. Julio Sánchez da empresa Valora destacaba a importancia de que calquera destino turístico poida contar cun Plan Director e de Estratéxica Turística. Destacaba ao tempo a importancia de que a estratexia que se vai plantexar teña a máis ampla colaboración/implicación posible, que sexa un plan codeseñado entre todos. Apuntaba tamén Julio Sánchez que o obxectivo final é a elaboración dun ou varios produtos turísticos.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...