InicioSociedadeA camelia, "flor da invernía galega", consolídase como símbolo da cidade de...

A camelia, “flor da invernía galega”, consolídase como símbolo da cidade de Tui

A IV Mostra da Camelia foi presentada este xoves en Tui.

PUBLICADO O

Este xoves pola mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello de Tui a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui, organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Sociedade Española da Camelia, que se vai celebrar esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de xaneiro, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.

O sábado de 9.00h a 12.00h mais de 80 expositores prepararán e colocarán as flores nos expositores. As 12.15 o Teatro Municipal, na Área Panorámica, acollerá o acto inaugural no que se fará entrega de agasallos ós expositores e a entrega de premios do II Concurso de Debuxo e Poesía “A camelia, flor na invernía galega”, no que participaron ós alumnos de 1º a 4º de Primaria dos colexios tudenses.

Destacaba o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o importante valor desta flor de inverno para o municipio, tanto a nivel turístico como económico, polo que é “unha oportunidade importante xa que cada vez se move máis xente entorno á camelia, e pode ser un complemento interesante ó gran atractivo que ten Tui”.

Presentación IV Mostra da Camelia/ Concello de Tui

Pola súa parte, o Concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, agradecía a ATUCA a súa implicación nesta mostra e “por axudar a que Tui sexa escaparate da Camelia e converter o municipio nun referente”.

Tamén a concelleira de educación agradecía a ATUCA a súa labor, neste caso, por acercar os máis pequenos a camelia a través do Concurso de Debuxo e Poesía. A Mostra floral poderá visitarse o sábado de 16.30h a 21.00h e de 10.00h a 14.00h e de 17.30h a 18.30h do domingo na Sala de exposicións Municipal situada na Área Panorámica.

Paralelamente, a Sala Félix Rodriguez acollerá outras dúas actividades. Ás 17.45 do sábado terá lugar un obradoiro de Té para dar a coñecer o té galego, impartido por Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e bióloga na Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

O domingo, ás 17.30h haberá unha charla-coloquio sobre a vespa velutina e a preparación de trampas caseiras. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o presidente de ATUCA, José Carlos Montes, a vicepresidenta, Maria José Fernández Castiñeiras, e o secretario, Antonio Luís Montes.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...