InicioPolíticaUn edil do PP vota en contra do seu partido e impide...

Un edil do PP vota en contra do seu partido e impide aprobar os orzamentos en Tui, de máis de 8 millóns de euros

O protagonista, José Prada, anuncia que abandona o grupo municipal 'popular'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do PP de Tui, José Prada Álvarez, impediu este venres, co seu voto contrario, que se aproben os orzamentos municipais de 2018, ao deixar en minoría de 8 votos ao goberno encabezado por Carlos Vázquez Padín (Converxencia 21), e sumar o seu rexeitamento aos votos negativos da oposición.

Así, aos 3 votos do PSOE, os 2 do BNG, os 2 de Alternativa Tudense e o do edil de SON de Tui, sumouse o voto contrario de Prada, cuxo grupo goberna en coalición con Converxencia 21, Cidadáns Tudenses e Alternativa Popular de Tui. Ademais, o concelleiro ‘díscolo’ anunciou que abandonaba o grupo municipal do PP, polo que pasará a formar parte dos non-adscritos.

Vázquez Padín chegou á alcaldía de Tui en outubro de 2017 a través dunha moción de censura asinada por Converxencia 21, PP, Cidadáns Tudenses e Alternativa Popular de Tui, e relevou ao socialista Enrique Cabaleiro, a pesar de que o seu grupo tiña só dous concelleiros, fronte aos 3 do PP (grupo maioritario na oposición naquel momento).

VETO

Cando pactou a moción, unha das esixencias que expuxo para chegar a un acordo cos ‘populares’ foi que o PP renovase as súas caras e os edís non formasen parte de gobernos anteriores. A condición cumpriuse ata que, hai uns meses, José Prada incorporouse como concelleiro en substitución do edil de Vías e Obras, e o alcalde vetou a súa participación no goberno municipal polo seu pasado político.

Ese veto provocou unha tensión que se mantivo e se incrementou, e que desembocou no rexeitamento das contas municipais, que ascenden a algo máis de 8 millóns de euros, por 9 votos en contra e 8 a favor.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...