InicioUn escape de gas en Tomiño obriga a desaloxar varios edificios

Un escape de gas en Tomiño obriga a desaloxar varios edificios

O incidente tivo lugar no Seixo, no centro da vila.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un escape de gas nun depósito situado nas inmediacións da praza do Seixo, en Tomiño (Pontevedra), obrigou a desaloxar varios edificios da zona. Diso informou o CIAE 112 Galicia, que tivo coñecemento dos incidente minutos máis tarde das 15,30 horas deste luns.

Varias chamadas de veciños alertaban da existencia dunha fuga dun tubo de gas que, ademais de ser visible, desprendía un forte cheiro.

Nese momento, a central do 112 activou o dispositivo, no que participaron efectivos dos bombeiros do Porriño, o GES da Guarda, axentes da Garda Civil, Protección Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias 061, así como membros da Policía Local.

O incidente saldouse sen que resultasen persoas afectadas, aínda que por precaución procedeuse ao desaloxo dos edificios da zona. Tras informar á empresa distribuidora do gas do acontecido, o escape foi reparado ás 19,00 horas, segundo informa o CIAE Galicia. A partir dese momento, os veciños puideron regresar aos seus fogares.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...