InicioSociedadeTomiño logra o recoñecemento Cidade Amiga da Infancia de Unicef

Tomiño logra o recoñecemento Cidade Amiga da Infancia de Unicef

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño acaba de ser galardoado co Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia; algo polo que viña traballando nos últimos anos, para cumprir os requisitos esixidos por Unicef, entre eles, a creación dun Consello Local de Infancia e Adolescencia, ou participación a nenos, nenas e adolescentes, entre outros.

Segundo consta na comunicación adiantada electronicamente “na reunión celebrada o 25 de outubro de 2018, a Secretaría Permanente do Programa Cidades Amigas da Infancia (CAI), representada por membros pertencentes a UNICEF Comité Español; Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social; Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Instituto Universitario de Necesidades de Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA), acordou galardoar ao Concello de Tomiño co Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia no marco da VIII Convocatoria de Recoñecementos 2018-2022”.

O Selo Cidades Amigas da Infancia, que até o de agora só posuía en Galicia o concello ourensán de Castrelo de Miño (a partir deste día son oito os municipios galegos distinguidos), pon en valor un modelo de xestión centrado no enfoque dos Dereitos de Infancia.

“Esta distinción coma Cidade Amiga da Infancia resulta emocionante por ser un recoñecemento ao traballo dos últimos anos para conseguir que Tomiño sexa un concello no que as políticas da infancia e adolescencia se sitúen no centro do noso facer diario, pero ademais, queremos que a infancia e adolescencia participen activamente na política local”, explica a rexedora local.

O recoñecemento dun Goberno Local como Cidade Amiga da Infancia implica diagnosticar, planificar e avaliar en clave de dereitos de infancia así como considerar a Convención sobre os Dereitos do Neno, destacando o dereito á participación da infancia e adolescencia como actores protagonistas no ámbito local.

Esta distinción ten unha vixencia de catro anos (é dicir, para quen concorran a esta convocatoria o período sería de 2018 a 2020) e implica que o Goberno Local asume unha serie de compromisos mediante a firma dun convenio. Finalizados este catro anos, o Goberno Local que desexe conservar a distinción debe presentarse novamente á Convocatoria para a súa renovación.

ÚLTIMAS

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...

Vigo reclama unha AP-9 pública, galega e sen peaxes e pide anular a última prórroga da concesión

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG na...