InicioMedio Ambiente e PatrimonioCaminha e A Guarda organizan andainas por Monçao, Pena Corneira e os...

Caminha e A Guarda organizan andainas por Monçao, Pena Corneira e os muíños do Rosal

As inscripcións poden realizarse desde o luns 27 de agosto ata o día 30 do mesmo mes.

PUBLICADO O

Continúan as andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da
Guarda, que terán lugar entre os meses de setembro e novembro co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.

A primeira andaina, programada para o 15 de setembro, percorrerá a Ruta da Cova Moura nas terras portuguesas de Monçao, cunha distancia de 20 km. Esta Ruta guiada recorre as sendas e parroquias de Monçao.

Os asistentes coñecerán praias fluviais como a de Sendín, onde transcorre o río Gadanha, que ofrece unha paisaxe de gran valor. Ademais de muíños, pontes medievais e moita natureza con pequenos sendeiros entre prados, viñas, penedos e piñeirais. Tamén se coñecerá o Palacio de Berjoeira.

O 20 de novembro celebrarase a segunda saída, na que os participantes poderán realizar
unha andaina duns 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira. A andaina será de ascenso desde Leiro, onde antes de iniciar a ascensión de case 500m. de desnivel os
asistentes recorrerán unha parte do río e do pobo.

A Pena Corneira é unha gran roca ou penedo, situada no alto do monte, e amósase como un gran miradoiro sobre a comarca do Ribeiro. O seu bosque, de gran extensión, está catalogado como espazo natural de Galicia, xa que está formado por árbores autóctonos. Outros atractivos da ruta son o conxunto de hórreos de Paredes e as igrexas románicas de Leiro, Lebosende e Serantes.

Ruta Muíños do Folón e do Picón/ Turismo.gal

O peche do calendario deste ano 2018 terá como protagonista as terras rosaleiras
coa ruta de 18 km polos Muíños do Folón e do Picón o vindeiro 10 de novembro. Os Muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico, xa mencionados en documentos do século XVII. Recorrido de gran beleza con excelente panorámicas ao val do Rosal e Esteiro do Miño.

Tamén se coñecerá a Capela na véspera da celebración de San Martiño e pechará o calendario de Andainas 2018. O prazo de inscrición para as andainas programadas entre setembro e novembro comezará o vindeiro luns, 27 de agosto, e rematará o 30 de agosto.

Terán prioridade aquelas persoas que se inscriban nas tres andainas. As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na Oficina de Turismo da Praza do Reló, chamando ao teléfono 986 614 546, ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...