InicioSociedadeA guardesa Ignacia Cadilla, terceira galega de maior idade, cumpre 109 anos

A guardesa Ignacia Cadilla, terceira galega de maior idade, cumpre 109 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente, visitaron este mércores a Ignacia Cadilla, que vén de celebrar o seu 109 cumpre anos.

Ignacia Cadilla recibiu aos representantes municipais acompañada dos seus familiares e agradeceu a súa visita, recordando o paso das procesións pola súa rúa, que acostuma a ver dende as ventás da súa casa na Rúa Hernán Cortés.

Segundo comentou a súa familia, Ignacia ten moi boa saúde, aínda que o pasado mes tivo un pequeno susto. Malia algúuns problemas de mobilidade, Ignacia e os seus familiares agardan celebrar os seus 110 anos o ano que vén.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Ignacia é a terceira persoa de máis idade de Galicia. A representación Municipal entregoulle unha placa conmemorativa, así como un ramo de flores e unha tarta, e desexaron poder visitala de novo para darlle os parabéns nos próximos anos.

ÚLTIMAS

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...