InicioSociedadeEstáncanse os casos covid na área de Vigo, mentres se disparan en...

Estáncanse os casos covid na área de Vigo, mentres se disparan en Galicia

Baixan tamén os hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cifras de contaxios e infeccións activas de covid-19 en Galicia baten marcas por terceiro día consecutivo. Así, nas últimas 24 horas, Galicia rexistrou 5.718 contaxios, mentres que a cifra de casos activos escala ata os 36.909. Unha cifra que o Sergas xa sabía e que Feijóo xa adiantou hai case un día. A presión hospitalaria tamén se incrementa lixeiramente, con 321 hospitalizados por coronavirus (oito máis). A taxa de positividade por PCR volve a repuntar e alcanza o 23,52%. Con todo, na área de Vigo, a situación semella manterse.

No que respecta ás novas infeccións, segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade –recolleitos ata as 18,00 do mércores–, a cifra de 5.718 implica bater a anterior marca de 4.559 casos deste mesmo mércores, 29 de decembro. De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Vigo pasa á terceira posición en Galicia, tras Santiago e A Coruña, con 983 contaxiados novos, pero suma xa 9.345 casos activos (+651).

HOSPITALIZADOS

Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba este mércores ás 18,00 horas, un total de 321 pacientes covid ingresados, oito máis que o día anterior. De todos eles, 271 están en planta (nove máis) e 50 en unidades de coidados intensivos (un menos).

Con todo, a presión hospitalaria baixa en dúas das sete áreas sanitarias, entre elas, a de Vigo, con 66 pacientes en planta (cinco menos) e 14 en UCI (sen cambios).

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...