InicioAxuda a esribir a historia de Sefarad no Tui xudeu

Axuda a esribir a historia de Sefarad no Tui xudeu

A Red de Juderías promove o xogo participativo “Busca la llave del diálogo/Busca a chave do diálogo” no mes de setembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cidades da Rede de Xudarías celebran, dende o 3 até o 30 de setembro, a actividade participativa e gratuíta “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.

Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría de cada cidade, neste caso a de Tui, no marco dunha iniciativa con motivo da celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía.

En concreto, o xogo convida a desprazarse por tres puntos da xudaría desta cidade: Sinagoga – Porta da Pía (1), Convento das Clarisas (2) e rúa Entrefornos (3). Pódese acceder a eles pola localización do móbil ou polos carteis localizados en cada punto. En cada localización unha actividade achega á temática da xornada Europea da Cultura Xudía 2021: Diálogos.

Visualizar un vídeo, escribir un parágrafo dunha historia en cadea ou decidir que tipo de diálogo abriría daranos a posibilidade de conseguir a famosa chave de Sefarad. Ao concluír as tres probas é necesario pasar pola Oficina Municipal de Turismo (4) (Praza de San Fernando) a recoller a túa chave.

Ademais, a Red de Juderías publicará as diferentes historias en cadea escritas por todos os participantes en cada cidade no enderezo electrónico https://redjuderias.org/juega

Con esta iniciativa preténdese desafiar aos visitantes para que atopen os tres puntos ocultos en cada xudaría e participen na primeira historia en cadea sobre Sefarad.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...