InicioCulturaO Keyboard Festival da Eurocidade Tui-Valença sae en apoio dos afectados de...

O Keyboard Festival da Eurocidade Tui-Valença sae en apoio dos afectados de Paramos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O International Keyboard Festival da Eurocidade Tui-Valença – IKFEM abrirá o próximo 20 de xullo a súa sexta edición no Paseo Fluvial de Tui. Este lugar icónico a beiras do río Miño acollerá unha xornada inaugural deseñada cun obxectivo solidario: estará dedicada ás persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico ocorrida en Tui.

O Paseo Fluvial, unha contorna de gran beleza paisaxística, é o marco seleccionado para dar o pistoletazo de saída á sexta edición do festival de música de instrumentos de teclado da Eurociudade Tui- Valença.

Durante toda a tarde do día 20, e ata a noite, as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar de diversos concertos como os de Júlio Resende e Najla Shami, entre outros; participar en actividades de ioga, kayak e lecer infantil e gozar da gastronomía na zona de foodtrucks.

Cos actos deste ano, o Paseo Fluvial incorpórase por primeira vez ao repertorio de escenarios de IKFEM, que son sempre espazos emblemáticos da Eurocidade Tui- Valença. Na pasada edición do festival a inauguración celebrouse na Ponte Internacional, que acolleu un espectacular concerto de 10 pianos simultáneos ao que asistiron 3.000 persoas, como se pode ver neste vídeo.

 
Xunto ás variadas propostas lúdico-culturais da apertura de IKFEM 2018, no Paseo Fluvial tamén se desenvolverán iniciativas de carácter solidario con Paramos – Guillarei, coa participación dos propios afectados pola explosión de material pirotécnico ocorrida o pasado mes de maio e a instalación dunha urna para recadar donativos.

Con este conxunto de iniciativas, IKFEM quere ser máis que un festival, converténdose nunha plataforma que actúa como instrumento divulgativo da cultura e o patrimonio, como instrumento educativo (a través das masterclasses e talleres programados), como instrumento social (ao conectar distintas culturas) e agora tamén como instrumento de solidariedade, a través da axuda aos veciños afectados pola explosión.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...