InicioDeportesClases gratis de ioga este domingo na Alameda da Guarda

Clases gratis de ioga este domingo na Alameda da Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro domingo día 1 de xullo a Alameda da Guarda será o escenario dunha xornada de
Ioga aberta ao público e de carácter gratuíto que terá lugar de 11:00h a 12:00h da mañá.
Esta actividade realízase con motivo do Día Internacional do Ioga, dando oportunidade a
que todas aquelas persoas que o desexen podan coñecer como é a práctica do Ioga e os
seus beneficios para o corpo e a mente e o espírito, significado en sánscrito do Ioga.

A celebración do Día Internacional do Ioga foi presentada ante as Nacións Unidas polo
primeiro ministro da India, Narendra Modi, sendo aprobada pola ONU co respaldo de 175
países, a maior taxa na historia desta organización.

O domingo 1 de xullo profesionais do Centro Awen, o Centro de Ioga Almiña e outros colaboradores achegarán aos participantes todos os coñecementos sobre a práctica desta disciplina, recoméndase levar unha esterilla ou toalla. É unha actividade organizada polo Centro de Ioga Awen en colaboración coa Concellerías de Deporte e Cultura do Concello da Guarda.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...