InicioSociedadeParamos, declarada zona de emerxencia tres meses despois da grande explosión

Paramos, declarada zona de emerxencia tres meses despois da grande explosión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Ministros acordou declarar a Paramos, en Tui (Pontevedra), como zona de emerxencia máis de tres meses despois da explosión dunha pirotecnia que deixou decenas de casas esnaquizadas en maio.

Isto permitirá que os afectados poida acceder a axudas económicas “esenciais” como exencións fiscais ou a posibilidade de eximir do imposto da renda ás persoas afectadas. Así o anunciou, durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, a ministra portavoz do Goberno, Isabel Celaá. Esta era a gran reclamación que, desde meses, levaban facendo os afectados e tamén o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.

O barrio de Paramos sufriu a finais de maio unha explosión de material pirotécnico nun almacén clandestino que ocasionou a morte a dúas persoas e deixou feridas polo menos a unha trintena e ao redor dunha vintena de vivendas saltou polo aire e varias decenas máis sufriron desfeitas. A explosión notouse a unha distancia de 70 quilómetros.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...