InicioCulturaO Festival de Cans vai a Bruxelas

O Festival de Cans vai a Bruxelas

Proxecta 'Rompente' e 'Tatuado nos ollos levamos ou pouso', premiados na última edición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Festival de Cans continúa o seu traballo de dar a coñecer o cinema galego en circuítos internacionais, e faino coa proxección, en Bruxelas, de dúas curtametraxes premiadas na última edición do certame, ‘Rompente’, de Eloy Domínguez Serén (Can de Pedra do xurado ao Mellor Curto de Ficción) e ‘Tatuado nos ollos levamos ou pouso’, de Diana Toucedo (Can de Pedra do xurado do premio Furacáns de non ficción).

Estes dous traballos, que xa tiveron percorrido en prestixiosos festivais internacionais, poderán verse este xoves ás 19,00 horas no Cinema Aventure da capital europea. A proxección conta co apoio da Asociación Couto Mixto, e tamén servirá para dar a coñecer o documental ‘Cans, maioría de idade’, de Isaura Docampo.

As obras premiadas no Festival xa puideron verse o pasado mes de setembro en Caminha (Portugal) e, en novembro, en Lisboa. Tamén están previstas proxeccións proximamente en París, Londres ou Barcelona.

Por outra banda, a organización do certame traballa na a XX edición, que se celebrará do 16 ao 20 de maio deste ano. Así, segue aberto o prazo de envío de curtametraxes, que termina o 26 de febreiro; e entre os traballos recibidos seleccionaranse os finalistas para cada categoría.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...