InicioPolíticaRueda e Abel Caballero, un "idilio" ao estilo Feijóo

Rueda e Abel Caballero, un “idilio” ao estilo Feijóo

Escenifican o seu enfrontamento político nun encontro con empresarios.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, coincidiron este luns nun xantar con empresarios na cidade, foro que serviu para que ambos poñan de manifesto de forma expresa o seu enfrontamento político, con intercambio de acusacións e un ambiente máis que tenso entre ambos os mandatarios. Unha situación que xa se mantén, e semella que augudizada, da etapa de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xaunta.

O acto, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia e o Consello Empresarial Alianza por Iberoamérica, comezaba no hall da sede da organización empresarial, co habitual saúdo entre o presidente galego e os representantes empresariais, un saúdo que non se produciu entre Rueda e Abel Caballero.

Só ao tomar asento, e dado que ambos compartían mesa (na que tamén estaban o presidente do Círculo, Manuel Rodríguez; o delegado de Zona Franca, David Regades; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; ou a delegada da Xunta e candidata do PP á alcaldía, Marta Fernández Tapias), produciuse un fugaz apertón de mans entre o presidente galego e o rexedor olívico.

Esa frialdade fíxose máis patente nas intervencións. O primeiro en tomar a palabra foi o alcalde da cidade, que aproveitou o seu discurso para arremeter contra a Xunta en todos os ámbitos posibles.

Así, acusou o goberno galego de impedir a creación da área Metropolitana e de non apoiar a Vigo nas súas reivindicacións e necesidades, como a nova potabilizadora. Tamén apuntou ao anterior Goberno de España, do PP, por facer oídos xordos á súa petición da conexión á moi alta tensión para Stellantis, ou por facer metido nun caixón os proxectos do AVE e do saída sur ferroviaria.

Por contra, destacou Abel Caballero, o Executivo que preside Pedro Sánchez púxose ao lado da cidade e do seu alcalde, concedendo millóns de euros procedentes de fondos europeos para accións de turismo, comercio ou mobilidade, entre outras. Tamén destacou a modificación do PERTE da automoción para que Stellantis poida beneficiarse das axudas, e asegurou que “de forma inmediata” a planta de Balaídos contará con liña de moi alta tensión.

RESPOSTA DE RUEDA

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comezou a súa intervención subliñando que estaba nun foro con empresarios e que de empresas debía falar, en lugar de “falar mal doutras administracións” como os presentes puideron “escoitar no discurso anterior”. “Os empresarios e a sociedade o que queren é que as administracións cooperen e cren un clima de estabilidade”, salientou.

Con todo, tamén aproveitou o seu discurso para responder a Abel Caballero, trasladando os bos datos da economía de Galicia e as boas perspectivas para 2023, e incidindo en que as empresas “non van ben co desgoberno nin co populismo”.

En relación a todos os proxectos anunciados que, segundo Caballero, serán realidade de forma inminente (saída sur, AVE por Cerdedo, nova autovía ao Porriño ou alta tensión para Stellantis), o presidente da Xunta expresou a súa satisfacción porque estas accións vaian ser atendidas despois de anos “sen que pasasen do BOE“.

“Alégrame saber que van ser realidade (…), verémolo”, dixo, e expresou a súa estrañeza pola seguridade de Caballero con respecto á moi alta tensión, cando a propia ministra Teresa Ribera trasladou á Xunta que sería imposible antes da planificación 2024-29 de Rede Eléctrica.

Alfonso Rueda celebrou “eses anuncios, do mesmo xeito que a convicción do alcalde sobre o saída sur, un proxecto “que ten 30.000 euros nos Orzamentos Xerais de 2023”. “Sería magnífico que as administracións tentasen colaborar e non confrontar a diario”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

A vivenda tutelada de Cogami en Mos contará con cinco novas prazas públicas financiadas pola Xunta

A vivenda tutelada de Cogami no municipio pontevedrés de Mos contará con cinco novas...

O TSXG acolle o luns a apelación da condena de 20 anos ao home que asasinou á súa veciña na rúa Zamora de Vigo

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...