InicioSociedadeO Porto apelará o arquivo da causa do Marisquiño ao considerar que...

O Porto apelará o arquivo da causa do Marisquiño ao considerar que a zona era responsabilidade do Concello

A Autoridade Portuaria de Vigo interporá recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra tras coñecerse o auto ditado polo Xulgado de Instrución número 3 da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Autoridade Portuaria de Vigo interporá recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra tras coñecerse o auto ditado polo Xulgado de Instrución número 3 da cidade olívica no que se acordou o sobresemento da causa penal do accidente do Marisquiño 2018.

Nun comunicado, o Porto considerou que a decisión da maxistrada contradí as decisións xudiciais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), declaradas firmes polo Tribunal Supremo, e que conclúen que a responsabilidade do mantemento deste espazo correspondía ao Concello de Vigo.

Neste contexto, a institución presidida por Jesús Vázquez Almuiña lembra que o informe da Fiscalía, de data 20 de decembro, emitiuse 6 días despois de que o Tribunal Supremo inadmitise os recursos presentados polo Concello contra as sentenzas do TSXG e ratificase que incumpriu o mantemento da zona que se afundiu.

“De acordo con senllas sentenzas do TSXG, o deber de mantemento da infraestrutura colapsada correspondía en exclusiva ao Concello de Vigo, que o incumpriu por completo e, en concreto, respecto da plataforma que colapsou e, a pesar de tal incumprimento, que causou a súa grave degradación, permitiu o acceso masivo de público a unha plataforma que, de acordo coa sentenza, ‘sería válida para o uso ao que se destinaba, pero non para un uso máis intenso, como posteriormente demostrouse”, reivindicou o Porto.

Así, incide, ademais, que os fallos do TSXG gañaron firmeza tras a inadmisión a trámite dos recursos de casación interpostos polo Concello.

Por este motivo, o organismo portuario considera que a decisión de sobresemento non só ignora, senón que contradí as sentenzas do TSXG referendadas polo TS, “que adquiriron forza de cousa xulgada”.

Para o Porto, a neglixencia determinante de responsabilidade penal radica, ante todo, no feito de autorizar a celebración dun concerto sen coñecer o estado da infraestrutura na que se ía a celebrar.

“O Porto de Vigo considera que os afectados polo accidente teñen dereito a escoitar aos responsables municipais que autorizaron o evento e que non declararon antes de que se arquive a causa”, reivindicou a Autoridade Portuaria.

“Por último, o Porto de Vigo apunta que a decisión xudicial cualifica os feitos acontecidos desde a perspectiva da súa posible tipificación como un delito de lesións por imprudencia cando, ademais, estes son constitutivos dun delito agravado de danos“, engadiu o Porto.

ÚLTIMAS

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...

Ferido un operario tras caer da cesta elevadora coa que retiraba unha cámaras no paseo de Panxón

Un operario resultou ferido tras envorcar un camión e caer da cesta elevadora cando...

O acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase a 14 anos de cárcere

A Fiscalía de Vigo solicita 14 anos de prisión para un home acusado dun...

Inspección de Traballo investiga un accidente laboral en Stellantis Vigo no que unha operaria perdeu un pé

A Inspección de Traballo abriu unha investigación para coñecer as circunstancias dun accidente laboral ocorrido...