InicioSociedadeChega a Cangas un programa cun gran abano de actividades de lecer...

Chega a Cangas un programa cun gran abano de actividades de lecer gratuítas

Sera o día 14 de xaneiro ás 17,00 horas

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia leva este sábado a Cangas do Morrazo o novo programa de lecer e educación non formal ‘Día da Xuventude’, que conta cunha variedade de actividades.

Este novo programa, que se inaugurou a semana pasada na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e que agora recala na do Morrazo, comezará a súa programación o día 14 de xaneiro ás 17,00 horas e prolongarase ata as 22,00 horas.

Durante toda a tarde haberá un abanico de actividades gratuítas como xogos educativos de gastronomía, futbolín humano, tiro con arco, talleres ambientais ou habilidades de empregabilidade. Ademais diso, tamén contarán con información xuvenil e con postos de concienciación sobre a igualdade de xénero. Tamén haberá actuacións de Nuno Ponce e Santervás que amenizarán a xornada vespertina.

Toda esta programación non só achegará o lecer e a formación á mocidade galega –pois pasará por 30 localidades de todo o territorio–, senón tamén favorece á conciliación da vida familiar e laboral, explicou a Xunta.

ÚLTIMAS

Pontevedra é a provincia onde menos baixou o paro de Galicia en abril

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en...

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

A Policía Local detivo a un vigués por agresión a súa parella embarazada

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...

O Concello aproba este martes o convenio con promotores do Barrio do Cura

O goberno de Vigo aprobará este martes de forma definitiva o convenio que compromete...