InicioDestacadasOrganizadores do Marisquiño buscan nova localización para o Dirt Jump ante a...

Organizadores do Marisquiño buscan nova localización para o Dirt Jump ante a “falta de resposta” do Porto de Vigo

Xa en 2021, O Marisquiño anunciou que cancelaba a súa edición ante a "imposibilidade de obter apoios institucionais suficientes"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os organizadores do festival O Marisquiño aseguraron este mércores que están a buscar un novo espazo para a celebración da proba mundial do Dirt Jump ante a “falta de resposta” do Porto de Vigo á petición formulada para celebrar a dita actividade deportiva no seu emprazamento habitual, o Paseo das Avenidas.

Nun comunicado, indicaron que o pasado 8 de setembro solicitouse a cesión de espazos portuarios para o festival. “Vencido o prazo legal de 90 días que o Porto de Vigo tiña para responde, a lei establece que o silencio da Autoridade Portuaria debe entenderse como unha denegación do permiso pertinente para celebrar no Paseo das Avenidas dita actividade”, explicaron.

Ante esta situación, O Marisquiño compartiu as súas inquietudes coa Federación Internacional de Dirt Jump, que esixiu á organización a necesidade de buscar un espazo alternativo que ofreza seguridade e estabilidade para o próximos tres anos e “compromisos firmes e seguros” en materia de organización.

“O Marisquiño non pode correr o risco de perder unha das súas probas emblemáticas pola falta de resposta dunha administración á súa petición para pechar o emprazamento de forma definitiva”, lamentaron os organizadores, que esperan poder anunciar nas próximas semanas o novo espazo.

Esta non é a primeira vez que os organizadores do festival expoñen as súas queixas ás administracións. Xa en 2021, O Marisquiño anunciou que cancelaba a súa edición ante a “imposibilidade de obter apoios institucionais suficientes” e dixo que “non volvería celebrarse en Vigo”. Con todo, si houbo festival e tivo lugar na cidade olívica.

ÚLTIMAS

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Caballero saca peito e presume de xestión: “Se hoxe houbese eleccións subiriamos 2 concelleiros e gañariamos a Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este martes de liderado municipal, e vaticinou:...

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026,...