InicioEconomíaBorgWarner investirá 12 millóns nun segundo centro técnico en Vigo, coa contratación...

BorgWarner investirá 12 millóns nun segundo centro técnico en Vigo, coa contratación de 35 novos profesionais

Na actualidade xa traballan nas súas instalacións de produción unhas 600 persoas, así como outras 200 no seu centro técnico de investigación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O fabricante de compoñentes para automóbiles BorgWarner investirá 12 millóns de euros en Vigo para a posta en marcha dun segundo centro técnico de Investigación e Desenvolvemento (I+D), o que suporá a contratación de 35 novos profesionais.

Tal como informou a empresa no marco da presentación de conclusións do proxecto efiFACTORY de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías de fabricación 4.0, neste segundo centro técnico vigués traballarán unhas 60 persoas, das cales 35 serán novas contratacións e o resto perfiles transformados a través da formación.

Así, BorgWarner puxo en valor que na actualidade xa traballan nas súas instalacións de produción unhas 600 persoas, así como outras 200 no seu centro técnico de investigación, que dá servizo desde Galicia cos seus avances a toda a multinacional, que ten uns 50.000 empregados ao longo de máis de 20 países.

Por todo iso, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, achegará 5 dos 12 millóns de euros necesarios para esta nova instalación.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...