InicioSucesosAuxiliada a unha muller de 91 anos atrapada nunha vivenda de Gondomar...

Auxiliada a unha muller de 91 anos atrapada nunha vivenda de Gondomar alagada polas intensas choivas

Atopábase deitada nunha cama articulada de hospital rodeada de auga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do posto da Garda Civil de Baiona-Nigrán (Pontevedra) tiveron que auxiliar, o pasado luns, 26 de decembro, a unha muller de avanzada idade que se atopaba atrapada nunha vivenda da localidade pontevedresa de Gondomar que resultara alagada polas intensas choivas rexistradas.

Tras ser comisionados pola Central COC da Comandancia, unha patrulla de seguridade cidadá da Benemérita se personó no lugar. Alí, os actuantes observaron que a subida de caudal do río Miñor alagou o semisótano da vivenda na que se atopaba atrapada a muller de avanzada idade.

Unha vez comprobado o estado da vivenda, os axentes accederon ao soto mediante unhas escaleiras tipo caracol, dun quince banzos, para chegar ata a muller, de 91 anos de idade, que se atopaba deitada nunha cama articulada de hospital rodeada de auga.

Ao ver os problemas de mobilidade da muller, os dous compoñentes da patrulla da Garda Civil decidiron subila ao lombo, coa auga por encima das cadeiras, para levala ata o piso superior da vivenda co fin de pola nunha zona segura. Finalmente, despois de acougar aos familiares, os actuantes xestionaron o traslado da muller de 91 anos á residencia de maiores na que reside de forma habitual.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...