InicioSucesosEntrega dos Premios BIOGA en recoñecemento das mellores empresas biotecnolóxicas galegas

Entrega dos Premios BIOGA en recoñecemento das mellores empresas biotecnolóxicas galegas

Estes premios foron creados co obxectivo de "incentivar o impulso e desenvolvemento de iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía en Galicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida entregará o vindeiro venres, 20 de xaneiro, no Círculo de Empresarios de Galicia situado na cidade de Vigo, ás 12,00 horas, os galardóns que recoñecen ás mellores firmas do ecosistema biotecnológico da comunidade galega en 2022, os Premios Bioga, que este ano viven a súa décima edición.

Segundo informou o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida nun comunicado, un total de 21 empresas optan a gañar uns galardóns que foron creados co obxectivo de “incentivar o impulso e desenvolvemento de iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía en Galicia, así como para recoñecer ás empresas máis competitivas e innovadoras do sector”.

Trátase dunha iniciativa, que conta co respaldo da Administración autonómica, a través da Axencia Galega de Innovación, reunirá a todo o ecosistema biotecnológico galego.

Nesta nova edición, ademais dos premios Bioempresa Xove, para as firmas de recente creación que dan os seus primeiros pasos; Bioempresa Innovadora e Bioempresa Competitiva, modalidades que premian ás compañías que apostan pola innovación e que se consolidaron como modelos de éxito por algún dos seus fitos; incorpórase a categoría Bioidea Empresarial, que recoñecerá ás iniciativas e proxectos “máis incipientes”.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...