InicioSociedadeA unidade de Fibrose Quística do Cunqueiro, única galega acreditada con certificación...

A unidade de Fibrose Quística do Cunqueiro, única galega acreditada con certificación de calidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

unidade mixta de Fibrose Quística do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi acreditada coa certificación de calidade e coa cualificación de ‘excelente’ pola Sociedade Española de Fibrosis Quística.

Tal como informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, trátase da primeira e única unidade deste tipo en Galicia en recibir o devandito recoñecemento estatal.

Para o seu responsable, a pneumóloga Cristina Ramos, a obtención desta acreditación “recoñece que se presta unha atención coas maiores garantías e supón unha validación dos protocolos e do traballo en equipo e colaborativo realizado con outros servizos hospitalarios e en coordinación coa Asociación Galega de pacientes de Fibrose quística“.

En concreto, a unidade multidisciplinar, coordinada pola doutora Ramos e a pediatra María Jesús Rodríguez, ten en seguemento a 55 pacientes (28 adultos e 23 menores) e nela participan especialistas tamén do ámbito da endocrinoloxía, dixestivo, rehabilitación, xunto con fisioterapeutas e traballadores sociais.

A fibrose quística é unha enfermidade crónica e hereditaria que representa un grave problema de saúde. É unha enfermidade dexenerativa que afecta principalmente os sistemas respiratorio e dixestivo.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...