InicioDeportesBalaídos, novamente asolagado polo desbordamento do río Lagares

Balaídos, novamente asolagado polo desbordamento do río Lagares

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estadio municipal de Balaídos volveu a sufrir danos no seu interior por mor das intensas precipitacións das últimas horas, con zonas intransitables no seu exterior tras o desbordamento do río Lagares.

A tenda do club, situada nun dos baixos do estadio, e o túnel de vestiarios foron as zonas máis afectadas, aínda que tamén hai danos na zona mixta e nas oficinas.

A alerta amarela deixou numerosas incidencias no sur de Galicia. O concello de Vigo suspendeu onte a carreira San Silvestre e a festa de Fin de Ano polo temporal de choiva e vento que azouta a Galicia.

O Celta non volverá xogar no seu estadio ata o vindeiro venres 13 de xaneiro, cando recibe ao Villarreal no partido correspondente á décimo séptima xornada da liga Santander.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...