InicioEconomíaMiñones sinala que o plan de sustentabilidade turística de Condado Paradanta permitirá...

Miñones sinala que o plan de sustentabilidade turística de Condado Paradanta permitirá recuperar zonas degradadas polos incendios

O proxecto combina intervencións relacionadas coa recuperación de espazos degradados por incendios e especies invasoras con outras centradas no impulso deste destino enogastronómico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou en Mondariz-Balneario a oportunidade que brinda o plan de recuperación do Goberno para restaurar zonas degradadas polos incendios a través do turismo sustentable.

Así o manifestou na presentación do Plan de Sostibilidade Turística ‘Condado Paradanta: destino enogastronómico’, impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta.

Esta iniciativa acaba de obter 1,5 millóns no II Convocatoria extraordinaria do programa de plans de sustentabilidade turística en destino (PSTD) 2022, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, financiado con fondos do Plan de Recuperación.

“Estamos a deseñar o turismo do futuro de Galicia. Para facer da nosa terra un destino sustentable, competitivo e de calidade de primeiro nivel”, resaltou Miñones.

O proxecto combina intervencións relacionadas coa recuperación de espazos degradados por incendios e especies invasoras con outras centradas no impulso deste destino enogastronómico, tanto de promoción como de posta en marcha de iniciativas específicas (rutas, museo do viño, food truck), coa finalidade da mellora das oportunidades do destino turístico.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...