InicioSucesosUnha persoa sofre a amputación de varios dedos dunha man pola explosión...

Unha persoa sofre a amputación de varios dedos dunha man pola explosión dun petardo en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa sufriu a amputación de varios dedos dunha man ao explotarlle un petardo cando se atopaba na rúa Doutor Cadaval, en Vigo.

Segundo comunicou o 112 Galicia, este suceso ocorreu nesta rúa da cidade olívica sobre as 01,30 horas da madrugada deste sábado. Foron os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que acudiron a atender ao ferido e deron aviso ao 112 Galicia.

Ata o lugar, ademais dos profesionais sanitarios, desprazáronse tambián axentes da Policía Nacional e da Policía Local tras recibir os avisos do 112.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...