InicioSucesosInterceptados en Vigo sete condutores que polo menos triplicaban a taxa de...

Interceptados en Vigo sete condutores que polo menos triplicaban a taxa de alcol permitida

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou no últimos cinco días a un total de sete condutores que polo menos triplicaban a taxa de alcol permitida. Segundo fontes policiais, do total dos condutores interceptados, catro foron parados polos axentes o pasado domingo, 18 de decembro.

Aos tres condutores restantes déuselles o alto este venres. O primeiro deles foi interceptado ás 01,33 horas por unha patrulla que observou unha condución errática por parte do piloto dunha motocicleta, un home de 32 anos, que circulaba en ‘zig zag’. Unha vez identificado, o aludido someteuse ás probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, que arroxaron un resultado positivo de 1,10 e 1,17 mg/l de alcol por aire expirado.

Xa ás 05,20 horas, na rúa Gran Vía, outro condutor, de 23 anos de idade, deu un resultado positivo de 0,81 e 0,75 mg/l de alcol por aire expirado nas probas de alcoholemia. Ademais, na estrada da Madroa, un home, de 50 anos de idade, tamén arroxou este venres un resultado positivo de 0,83 e 0,77 mg/l de alcol por aire expirado.

Tal e como informou a Policía Local nun comunicado, instruíronse dilixencias aos sete condutores por un delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...